23 Feb DRAGON BALL CON ARTURO SABUGUEIRO
O 16 de Febreiro do 23, fomos convidados a tocar en directo ao ¨Tunai show¨ da TVG, Land Rober para celebrar así o seu programa número 300. Dende o primeiro momento lle propuxemos estrear no seu programa unha idea que nos rondaba a cabeza dende xa fai un tempo. Éramos coñecedores de que Arturo Sabugueiro, excantante retirado polo que sentimos un respeto e admiración inmensos, foi quen, na época dos 80 e 90, lle puxo voz en galego a moitas das cabeceiras dos debuxos animados na época do “Xabarin Club”. Para que todo o mundo soubese quen estaba detrás de esas cabeceiras escollemos intro de Dragon Ball, xa que ademáis de ser fans da serie, é a que mellor encaixaba co estilo da banda, e lle propuxemos a Arturo facer unha versión conxunta con América, ao Arturo se sumou e añadiu unha ilusión inmensa.
O resultado xa moitos sodes coñecedores de como foi, para os demáis deixamos enlace para ver a actuación de ese día.
Intro: 00:00
Drangon Ball: 02:11:30