O prazo de desestimento expirará aos 14 días naturais dende o día en que vostede ou un terceiro por vostede indicado, distinto do transportista, aquirira a posesión material dos bens ou en caso de que os bens que compoñen o seu pedido se entreguen por separado, aos 14 días naturais do día en que vostede ou un terceiro por vostede indicado, distinto ao transportista, adquirira a posesión material do último deses bens.
Para exercer o dereito de desestimento, deberá vostede notificar por escrito ao comercio en cuestión a través do enderezo electrónico de contacto. Para cumprir o prazo de desestimento é suficiente con que a comunicación relativa ao exercicio pola súa parte deste dereito sea enviada antes de que venza o prazo correspondente.
O reembolso realizarase usando o mesmo medio de pago empregado por vostede para a transacción inicial. Os gastos xerados polo envío dos produtos dende o cliente ata o comercio, terán que ser asumidos polo cliente. Non obstante, poderemos reter o reembolso ata ter recibidos os produtos ou ata que teña presentado unha proba de devolución dos mesmos, segundo que condición se cumpra primeiro.