07 Out PREMIO MARTIN CÓDAX DA MÚSICA 2022
Vigo, 6 de outubro de 2022.- Este mércores 5 de outubro fallábanse os Premios Martín Códax da Música 2022. Estes premios recoñecen cada ano a boa saúde da música galega dentro de 15 categorías diferentes e un premio honorífico, que este ano foi a parar a Fuxan os Ventos que este ano celebra o seu 50 aniversario.
Na categoría de Orquestras, Grupos e música de Verbenas resultou gañador este ano O Grupo América, que se fixo co premio a pesar da altísima calidade dos Proxectos finalistas na mesma categoría: “La Oca Band” e “Bicoia”. Este galardón supón o segundo Premio Martín Códax da Música que consegue banda, xa que tamén foron gañadores no ano 2020 na mesma categoría.
A banda leva 45 anos de historia sendo a alternativa rockera nas mellores festas e celebracións, tocando o que xa son himnos da música dos anos 70, 80 e 90. Temas de bandas tan icónicas como Queen, Toto ou ACDC marcan a identidade das actuacións de América, que conta cun leal grupo de seguidores e fans que lles seguen concerto tras concerto.
“É unha alegría e unha honra para nós recibir este premio, e estamos moi agradecidos a todas as persoas que o fixeron posible a que nos nominou, quen nos elixiu, e a toda a lexión de seguidores que nos apoian de xeito incondicional” destaca Éder González, baixista da banda, que sinala ademais que “este tipo de iniciativas son fundamentais para visibilizar a importancia da música e dos profesionais da música en Galicia”